Sunday 28 de April de 2024

Papá Noel visita as escolas da Pobra


A poucos días dunha das datas máis máxicas do ano para nenos e nenas, Papá Noel quixo achegarse aos centros educativos de infantil e primaria da Pobra do Caramiñal para manter un encontro coas crianzas e coñece-las un pouco máis, ademais de apuntar aqueles agasallos que se esqueceron de escribir nas súas cartas.

As visitas comezaron na xornada deste 17 de decembro nas unitarias do Campo-A Angustia, Vilariño, CEP Pilar Mestú Sierra e Monte Carmelo. Continuará co seu itinerario no día 20 no CEP Salustiano Rey Eiras, EEI Fernández Varela e unitaria da Granxa.

Esta actividade atópase ao abeiro da programación impulsada para este Nadal dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).